Monday 13 de May de 2024

Peche de curso das escolas municipais de gaita e percusión


Peche de curso das escolas municipais de gaita e percusión que tivo lugar no adro do convento do Rosario na tarde do venres, xunto con outras poucas da clausura de música moderna e cantos de taberna, celebrada este mediodía na Casa da Cultura de San Sadurniño.

As escolas despídense até o outono, aínda que durante o verán as persoas integrantes actuarán en festas e outros eventos culturais. De feito, cantos de taberna, gaita e percusión participarán o sábado 1 de xullo na sesión vermú do Festival do Río Castro.

O último fin de curso das escolas culturais de San Sadurniño está programado para o serán do próximo venres, 23 de xuño, na Casa da Cultura. Ás 19:00h actuarán as alumnas e alumnos de pandeireta -as cantareiras do Saíme-, seguidas do dúo conquense Her Itage, que chega a San Sadurniño da man da rede cultural Dinamiz-artj.